Regulamento

De Wikimedia España
Ir a la navegaciónIr a la búsqueda

Ámbito

Bridge Alcantara.JPG
  • Wiki Loves Monuments é un concurso de fotografía realizado a nivel mundial, co obxectivo de espertar interese polos monumentos existentes nos países participantes. En España está organizado por Wikimedia España coa colaboración da asociación Amical Viquipèdia.
Wikimedia España é unha asociación sen ánimo de lucro, recoñecida pola Fundación Wikimedia como capítulo Wikimedia en España. A súa finalidade é promover directa ou indirectamente tódalas iniciativas de contidos libres, tales como os proxectos hospedados e apoiados pola Fundación Wikimedia.
Amical Viquipèdia é unha asociación sen ánimo de lucro formada por colaboradores e simpatizantes dos proxectos da Fundación Wikimedia, entre os cales destaca a Viquipèdia, co obxectivo de promover os proxectos da Fundación e os contidos libres en xeral nos territorios de fala catalá.
  • O concurso consta dunha primeira fase realizada simultaneamente en varios países, sendo en cada país organizado por unhas asociacións ou grupos distintos e independentes.
  • As mellores fotografías desta fase reciben premios que varían segundo cada país.
  • Á fase internacional do concurso acceden 10 fotografías por país, seleccionadas localmente no seu correspondente concurso, de entre todas elas o xurado internacional seleccionará os gañadores da fase internacional.

O resto desta páxina explica como participar en Wiki Loves Monuments 2012 - España. Para a participación con fotografías doutros países consulte as súas respectivas páxinas.

  • Os interesados en participar deben cargar imaxes da súa autoría sobre Bens de Interese Cultural do Estado español con categoría de monumento e que teñan un código asociado do Ministerio de Cultura, ou da Comunidade Autónoma correspondente, ou outros ben inmobles que consten con protección ou que se atopen no inventario das comunidades autónomas e que esten listados nos proxectos Wikimedia, nas listas facilitadas na sección de monumentos.
  • As imaxes deben cargarse no repositorio de imaxes Wikimedia Commons, ou no grupo de Flickr habilitado para isto.
  • As imaxes deben ter unha licenza libre. Son licenzas permitidas:
    • Creative Commons – Atribución – Compartir Igual 3.0 (recomendada)
    • Creative Commons – Atribución 3.0
    • Creative Commons - Dedicación de Dominio Público
  • O obxectivo é ter listas completas de tódolos monumentos dos países participantes nas distintas Wikipedias, e imaxes deles para poder ilustralos, dando unha visión completa e única do patrimonio cultural, arquitectónico, histórico e artístico dos países onde se organiza o concurso.
  • As imaxes deben cargarse entre o 1 e o 30 de setembro de 2012. Calquera imaxe cargada, ben antes, ben despois destas datas, non tomará parte no concurso.
  • As imaxes serán revisadas por un xurado no mes de outubro, a finais do cal daranse a coñecer os premiados e a organización porase en contacto con eles.
  • Todas as persoas que decidan participar neste concurso aceptan este regulamento e as decisións que poda tomar a organización ó respecto. O incumprimento do mesmo podería ser merecedor de descualificación.
  • Máis detalles, noticias e outra información pode consultarse na sección de novidades enviando un correo electrónico a infoAt sign.svgwikimedia.es.

Condicións de participación

Santa Maria de Huerta Almacen.jpg
  • A inscrición e participación é gratuíta, sen necesidade de preinscrición previa.
  • A participación está aberta a tódalas persoas interesadas.
  • A participación é de forma individual.
  • Tódalas imaxes deben ser propias e deben licenzarse baixo unha licenza libre, tal e como se indicou anteriormente.
  • As fotografías deben ser obra do autor e non poden ter sido publicadas con anterioridade en Wikimedia Commons, con independencia da licenza que se usara no pasado.
  • As fotografías poden ser tomadas en calquera data, tanto no mesmo mes de setembro como en meses ou anos anteriores.
  • As imaxes deberán publicarse coa maior calidade e resolución posible.
  • As imaxes non deben contar con firma, data ou outras marcas superpostas na imaxe (manterase a atribución a través da páxina de descrición).
  • Os monumentos fotografados deben aparecer nas listas de monumentos que se atopan nos proxectos Wikimedia e que se enlazan no apartado Monumentos.
  • Debe identificarse o monumento mediante o código asignado polo Ministerio de Cultura ou a Comunidade Autónoma correspondente e que aparecen nas listas. Non se poderá por tanto participar cos monumentos ó que non se lles asignou un identificador.
  • Non hai límite de fotografías por usuario nin monumento.
  • No improbable caso de que a fotografía non cumpra algunha norma de Wikimedia Commons, non poderá participar no concurso.[1]

Participación a través de Wikimedia Commons

  • A participación a través de Wikimedia Commons require estar rexistrado en Wikimedia Commons (instrucións).
  • As fotografías deben subirse a Wikimedia Commons entre as 00:00h do 1 de setembro de 2012 (CEST)[2] ás 23:59h do 30 de setembro de 2012 (WEST).[3]
  • O usuario deberá ter establecida na súa conta unha dirección de correo e permitido o envío de mensaxes por outros usuarios, xa que é o medio polo que se notificará ós gañadores.
  • As fotografías poderán publicarse mediante o asistente de subida de fotografías de Wiki Loves Monuments, deseñado para facilitar a participación neste concurso, ou outras ferramentas.
  • Aquelas persoas que carguen as súas fotografías sen usar este asistente deberán indicar a participación da imaxe neste concurso engadindo manualmente o código {{Wiki Loves Monuments 2012|gl}} á páxina da imaxe (ver como queda).
  • Os autores poden retirar as súas fotografías do concurso antes do peche do mesmo (30 de setembro) quitando o código {{Wiki Loves Monuments 2012|gl}} da páxina de descrición.
  • A organización do concurso está igualmente facultada para retirar do mesmo (seguindo igual proceso) —inclusive antes do peche do concurso— as fotografías que non cumpran os requisitos (por exemplo, o obxecto da fotografía non está en España, non é un monumento, ou non está debidamente identificado). O participante poderá incluír de novo a fotografía no concurso (se aínda se atopa dentro de prazo) cando considere que os defectos foron amañados volvendo a engadir{{Wiki Loves Monuments 2012|gl}} á páxina de descrición (non se debe intentar subila de novo).[4]
  • Cando se engada, o identificador como {{BIC|1234}}[5] (supoñendo que o identificador fose 1234).[6]
  • É responsabilidade dos participantes verificar que as súas fotos se atopan debidamente marcadas.

<--!* Para participar é imprescindible ter unha conta rexistrada no proxecto da Fundación Wikimedia, Wikimedia Commons. Se non se ten unha conta creada con anterioridade deberá crearse una seguindo os seguintes pasos (os nomes dos botóns ou frases sobre os que pulsar danse en inglés, que é o idioma por defecto, pero poden aparecer en moitos outros idiomas, elixa o seu):

  1. Ir á páxina de Internet con dirección commons.wikimedia.org
  2. Pulsar sobre "Log in/create account" situado na parte superior dereita.
  3. Seleccionar "Create an account". Pode elixir diferentes idiomas para a interface.
  4. Elixa un "Username" ou nome de usuario. Este nome será polo que se coñecerá a súa conta en Wikimedia Commons.
  5. É moi importante activar unha conta de correo electrónico válida para que a organización do concurso poda poñerse en contacto con vostede en caso de ser necesario para a comunicación dalgún premio. A dirección de correo é privada e os organizadores non teñen acceso a ela.
  • Os monumentos fotografados deben aparecer nas listas que se atopan nos proxectos Wikimedia e que se enlazan no apartado Monumentos (Nota: Só é posible participar con fotos de monumentos que teñan o código BIC do Ministerio de Cultura ou o código da Comunidade Autónoma correspondente). Lembre que no formulario de carga de cada foto deberá engadir o código do monumento que se atopa nesas listas.
  • O formulario de carga en Wikimedia Commons está dispoñible na seguinte ligazón. As fotos tamén poden subirse ó noso grupo de grupo de Flickr.
  • Todas as imaxes deben ser propias e deben licenciarse cunha licenza Creative Commons 3.0 - atribución - compartir igual que xa se selecciona por defecto no formulario de carga de Wikimedia Commons.
  • Non hai límite de fotografías subidas.
  • As imaxes non deben contar con firma, data ou outras marcas.--!>

Participación a través de Flickr

  • A participación a través de Flickr require estar rexistrado en flickr.
  • Para participar hai que unirse ó grupo wikilmes2012.
  • Atopar os códigos dos monumentos que se fotografen a través da nosa páxina Monumentos
  • Engadir ás fotografías unha etiqueta coa forma BIC=código monumento, por exemplo: BIC=RI-51-0012345.
  • Poñer unha licenza libre nas fotos coas que se queira participar.[7]
  • Agregar as fotos ó grupo wikilmes2012.
  • O envío das fotografías poderá facerse entre as 00:00h do 1 de setembro de 2012 (CEST)[2] e as 23:59h do 30 de setembro de 2012 (WEST).[3]

Consellos

  • Hai moitos monumentos que son ou que se atopan en propiedades privadas. Non se debe acceder ó interior dunha propiedade privada sen a debida autorización. Con todo, en España, si que é posible tomar fotografías desde un lugar público, polo que aínda que non se poda acceder ó interior si que é posible facer fotografías desde o exterior.
  • Moitos monumentos poden ser pouco interesantes no seu exterior pero con todo poden ser auténticas xoias artísticas no seu interior, explóreos, realice todas as fotografías que poida e mostre tanto a visión xeral como os detalles dos mesmos.

Notas

  1. Regra de improbable aplicación por si mesma, posto que tal fotografía seguramente entraría en conflito con algunha outra das regras do concurso.
  2. 2,0 2,1 Hora peninsular
  3. 3,0 3,1 Hora de Canarias
  4. Subir a imaxe outra vez posiblemente lle daría un erro ou remataría por non engadila ó concurso, o que sería unha pena, pode solicitar axuda para volver a engadila.
  5. Tamén está permitido usar máis parámetros.
  6. Non existe un monumento con identificador 1234. Debe atopar o identificador para cada monumento. Unha fotografía sen identificador ou un identificador erróneo non cumpre las regras.
  7. Actualmente flickr permite asignar dúas licenzas libres: Atribución de Creative Commons e Atribución-Compartir baixo a mesma licenza de Creative Commons, calquera delas vale para o concurso.