Regulamento

De Wikimedia España
Ir a la navegaciónIr a la búsqueda

Ámbito

Bridge Alcantara.JPG
  • Wiki Loves Monuments é un concurso de fotografía realizado a nivel europeo, co obxectivo de espertar interese polos monumentos existentes en Europa. En España está organizado por Wikimedia España coa colaboración da asociación Amical Viquipèdia.
Wikimedia España é unha asociación sen ánimo de lucro, recoñecida pola Fundación Wikimedia como capítulo Wikimedia en España. A súa finalidade é promover directa ou indirectamente tódalas iniciativas de contidos libres, tales como os proxectos hospedados e apoiados pola Fundación Wikimedia.
Amical Viquipèdia é unha asociación sen ánimo de lucro formada por colaboradores e simpatizantes dos proxectos da Fundación Wikimedia, entre os cales destaca a Viquipèdia, co obxectivo de promover os proxectos da Fundación e os contidos libres en xeral nos territorios de fala catalá.
  • O concurso consta dunha primeira fase realizada simultaneamente en varios países de Europa, sendo en cada país organizado por unhas asociacións ou grupos distintos e independentes. Para a fase europea cada país seleccionará 10 fotografías que pasarán ó concurso europeo.
  • Os interesados en participar deben cargar imaxes da súa autoría sobre Bens de Interese Cultural do Estado español con categoría de monumento e que teñan un código asociado do Ministerio de Cultura, ou da Comunidade Autónoma correspondente, no repositorio de imaxes Wikimedia Commons, usando para iso a licenza Creative Commons – Atribución – Compartir Igual 3.0
  • O obxectivo é ter listas completas de todos os monumentos de Europa nas distintas Wikipedias, e imaxes destes para poder ilustralos, dando unha visión completa e única do patrimonio cultural, arquitectónico, histórico e artístico dos países europeos onde se organizou o concurso.
  • As imaxes deben ser cargadas en Wikimedia Commons entre o 1 e o 30 de setembro de 2011. Calquera imaxe cargada, ben antes, ben despois destas datas, non tomará parte no concurso.
  • As imaxes serán revisadas por un xurado no mes de outubro, a finais do cal se darán a coñecer os premiados e a organización porase en contacto con eles.
  • Todas as persoas que decidan participar neste concurso aceptan este regulamento e todas as decisións que tome o xurado. O incumprimento do mesmo podería ser merecedor de descualificación.
  • Máis detalles, noticias e outra información pode consultarse na páxina web www.wikilm.es ou enviando un correo electrónico a info@wikimedia.org.es.

Condicións de participación

Santa Maria de Huerta Almacen.jpg
  • A inscrición e participación é gratuíta.
  • A participación está aberta a tódalas persoas interesadas.
  • A participación é de forma individual.
  • As fotografías deben ser obra do autor que as acredite e as cargue en Wikimedia Commons, e non deben ser publicadas con anterioridade nese sitio web, con independencia da licenza que se usou no pasado.
  • As fotografías poden ser tomadas en calquera data, tamén no período durante o que se deben cargar as imaxes.
  • As imaxes deberán tomarse e posteriormente ser cargadas coa maior calidade e resolución posible.
  • Para participar é imprescindible ter unha conta rexistrada no proxecto da Fundación Wikimedia, Wikimedia Commons. Se non se ten unha conta creada con anterioridade deberá crearse una seguindo os seguintes pasos (os nomes dos botóns ou frases sobre os que pulsar danse en inglés, que é o idioma por defecto, pero poden aparecer en moitos outros idiomas, elixa o seu):
  1. Ir á páxina de Internet con dirección commons.wikimedia.org
  2. Pulsar sobre "Log in/create account" situado na parte superior dereita.
  3. Seleccionar "Create an account". Pode elixir diferentes idiomas para a interface.
  4. Elixa un "Username" ou nome de usuario. Este nome será polo que se coñecerá a súa conta en Wikimedia Commons.
  5. É moi importante activar unha conta de correo electrónico válida para que a organización do concurso poda poñerse en contacto con vostede en caso de ser necesario para a comunicación dalgún premio. A dirección de correo é privada e os organizadores non teñen acceso a ela.
  • Os monumentos fotografados deben aparecer nas listas que se atopan nos proxectos Wikimedia e que se enlazan no apartado Monumentos (Nota: Só é posible participar con fotos de monumentos que teñan o código BIC do Ministerio de Cultura ou o código da Comunidade Autónoma correspondente). Lembre que no formulario de carga de cada foto deberá engadir o código do monumento que se atopa nesas listas.
  • O formulario de carga en Wikimedia Commons está dispoñible na seguinte ligazón. As fotos tamén poden subirse ó noso grupo de grupo de Flickr.
  • Todas as imaxes deben ser propias e deben licenciarse cunha licenza Creative Commons 3.0 - atribución - compartir igual que xa se selecciona por defecto no formulario de carga de Wikimedia Commons.
  • Non hai límite de fotografías subidas.
  • As imaxes non deben contar con firma, data ou outras marcas.

Consellos

  • Hai moitos monumentos que son ou que se atopan en propiedades privadas. Non se debe acceder ó interior dunha propiedade privada sen a debida autorización. Con todo, en España, si que é posible tomar fotografías desde un lugar público, polo que aínda que non se poda acceder ó interior si que é posible facer fotografías desde o exterior.
  • Moitos monumentos poden ser pouco interesantes no seu exterior pero con todo poden ser auténticas xoias artísticas no seu interior, explóreos, realice todas as fotografías que poida e mostre tanto a visión xeral como os detalles dos mesmos.