Novidades
20-09-2011
Wiki Loves Monuments ofrece diferentes premios a diferentes niveis: local, estatal ou europeo. A Eurorrexión Pirineos Mediterráneo propón outra posibilidade: un premio transfronteirizo para a mellor foto da eurorrexión formada por Cataluña, Illas Baleares, Languedoc-Rosellón e Mediodía-Pirineos.
As eurorexións son estructuras de cooperación entre territorios de diferentes estados europeos. O propósito é promover os intereses comúns e construir ligazóns que faciliten a integración rexional. Unha das liñas de actuación é a promoción da cultura e o patrimonio.
A Eurorrexión Pirineos Mediterráneo patrocina Wiki Loves Monuments ofrecendo unha cámara reflex digital CANON PowerShot G12 para a mellor fotografía dun monumento da Eurorrexión. Os comités catalán, español e francés traballan conxuntamente na organización desta nova categoría de participación no concurso.
Unha boa mostra da diversidade do patrimonio da Eurorrexión Pirineos Mediterráneo son os monumentos declarados Patrimonio da Humanidade pola Unesco: covas prehistóricas, construccións romanas, iglesias medievais, fortificacións renacentistas ou arquitectura modernista.
¡Isto é Europa! Un mosaico cultural e unha boa oportunidade para os fotógrafos.
29-08-2011
Hoxe arrinca o concurso Wiki Loves Monuments, para esta ocasión redactamos a seguinte nota de prensa:
28 de agosto de 2011, Valladolid
Wikimedia España organiza un concurso fotográfico público centrado nos Bens de Interese Cultural de todo o estado para ilustrar artigos de Wikipedia e potenciar a presenza do patrimonio histórico de España en Internet. Este concurso, chamado "Wiki Loves Monuments", foi organizado por primeira vez en Holanda en 2010 con gran éxito. En 2011 preséntase en máis de 15 países europeos, auspiciado en cada un deles polos capítulos locais de Wikimedia Foundation, a entidade sen ánimo de lucro que dá soporte a Wikipedia, a coñecida enciclopedia libre en Internet, e outros proxectos de Coñecemento Libre. O obxectivo deste proxecto é conseguir unha visión global e libre de uso do patrimonio cultural de cada país.
A dinámica do concurso é sinxela e a participación é gratuíta. Trátase de realizar fotos ou vídeos orixinais de monumentos rexistrados como Bens de Interese Cultural catalogados polas administracións públicas, e compartilas baixo licenza Creative Commons desde o 1 até o 30 setembro de 2011. Para participar, basta con rexistrarse gratuitamente en Wikimedia Commons. Para atopar facilmente os monumentos adecuados, Wikimedia España proporciona na súa web www.wikilm.es un mapa actualizado de Bens de Interese Cultural, con coordenadas e información complementaria.
Hai varios premios. Desde Wikimedia España anúncianse catro premios para participantes de España, desde un Tablet PC a un pack de produtos wiki. Ademais seleccionaranse 10 fotos de cada país participante para os premios europeos. Doutra banda, a asociación Europeana patrocina un premio para a mellor foto dun monumento modernista de entre as fotos de cada país enviadas á fase europea, Openimages premiará ao mellor vídeo e Amical patrocina varios premios para monumentos en zonas catalanoparlantes.
A cerimonia de entrega dos premios nacionais realizarase en Plasencia (Cáceres), co patrocinio do Concello da localidade. O xurado estará composto por expertos en fotografía e Coñecemento Libre. Máis información en www.wikilm.es.
Acerca de Wikipedia
- Wikipedia é consultada actualmente por máis de 400 millóns de persoas todos os meses. Proporciona acceso inmediato a información de alta calidade, libre, gratis e sen publicidade. Na última década, unha vasta comunidade de voluntarios uniuse para crear máis de 18 millóns de artigos en 270 idiomas, aproximando a causa do Coñecemento Libre a cada persoa no planeta. Wikipedia en español chegou ós 800.000 artigos o pasado día 12 de xullo e Wikipedia en catalán ós 350.000 o 25 de agosto pasado.
Acerca de Wikimedia España
- A asociación Wikimedia España é unha organización sen ánimo de lucro autorizada pola Wikimedia Foundation, que ten como fin favorecer o desenvolvemento do Coñecemento Libre en España, promovendo iniciativas e proxectos relacionados, incluíndo Wikipedia e os seus proxectos irmáns (listaxes en www.wikimediafoundation.org).
Información de contacto
|
|
14-08-2011
Premio especial de vídeo
Polo momento os artigos de Wikipedia non conteñen moitos vídeos (menos do 0,1% de todos os arquivos de Wikimedia Commons son arquivos de vídeo). Openimages é unha plataforma aberta de medios de comunicación que ofrecen acceso en liña a material de arquivo audiovisual para estimular a súa reutilización creativa. A plataforma contén moitos clips holandeses. Estes clips están copiados en Wikimedia Commons de modo que poden ser utilizados en artigos de Wikipedia.
Openimages quere promover a creación de vídeos libres de dereitos de autor así que van entregar un premio especial para o mellor vídeo cargado como parte do proxecto Wiki Loves Monuments. As regras son similares ás do concurso principal:
- Autoría propia e carga propia
- Cargado en setembro 2011
- Con licenza libre
- Mostrando un ou máis monumentos
Sé creativo! A xente de Vídeo en Wikipedia ten un manual explicando como engadir un vídeo a Wikipedia.
4-8-2011
Europeana é un portal de Internet que dá acceso a millóns de libros, pinturas, películas, obxectos de museo e documentos de arquivo que foron dixitalizados por toda Europa. Ademais de patrocinar un dos premios europeos de Wiki Loves Monuments, Europeana ofrece tamén un premio especial ao Modernismo.
O Modernismo ou Arte Nouveau é un estilo de arte popular por toda Europa ó redor do 1900. A maioría dos países europeos teñen exemplos de arquitectura modernista con edificios protexidos como patrimonio cultural. Europeana está a preparar unha exposición virtual colectiva deste patrimonio europeo.
Para dar a luz esta exposición, Europeana patrocinará un premio especial á mellor fotografía europea dun monumento de estilo modernista presentada ó concurso Wiki Loves Monuments. Este premio será adicional e independente dos outros ofrecidos tanto a nivel nacional como europeo, sempre que se cumpran as condicións do concurso. É unha oportunidade máis de gañar un premio e un incentivo máis para participar.
12-6-2011
Engadeuse o idioma galego á web de WLM.
3-6-2011
Engadíronse as páxinas de Contacto e Regulamento, ademais de pequenas correccións.
1-6-2011
Hoxe comezamos o esquema dalgunhas páxinas novas da web: Novidades, FAQ, Premios e Monumentos. A páxina de monumentos é a máis interesante xa que contén as listas de monumentos que participan no concurso e que temos feitas ata o momento.